Calendario 2015 de publicación de estatísticas do IGE
Descarga de datos
Calendario (60,5 Kb)
Descarga do ficheiro en formato .ics - versión para aplicar ao seu calendario
Descrición

Calendario de 2015 dos días no que se publican as estatísticas conxunturais, de periodicidade mensual e trimestral, do Instituto Galego de Estatística.

A información que proporciona inclúe a data de referencia na que estarán dispoñibles os resultados. As actividades estruturais, de periodicidade igual ou superior ao ano, móstranse debaixo do calendario de cada mes e difúndense na páxina web do IGE ao longo dese período.

As estatísticas cuxa referencia se contempla no calendario, xunto coas siglas polas que se recoñecen son:

  • Av - Accesibilidade á vivenda
  • CT - Contas económicas trimestrais
  • EC - Estatística de construción de edificios
  • AfiSS - Explotación das afiliacións á seguridade social
  • IPC - Índice de prezos ao consumo
  • SC - Seguimento e análise da construción
  • CEXT - Comercio exterior e intracomunitario
  • IVU - Indices de valor unitario para o comercio exterior
  • IASS - Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos
  • AV - Accesibilidade á vivenda
  • IPRI - Índice de prezos industriais
  • ETCL - Enquisa trimestral de custos laborais
  • BORME - Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil
  • IC - Índices de competitividade
  • IPI - Índice de produción industrial
  • IVCM - Índice de vendas de comercio polo miúdo
  • ECF - Enquisa conxuntural a fogares
  • EPA - Enquisa de poboación activa
  • EPAF - Estatística de fluxos da poboación activa
  • AfiSSC - Afiliacións á Seguridade Social por Concello de residencia da persoa afiliada

O calendario está dispoñible en formato .ics (estándar iCalendar que lle permite ao usuario subscribirse aos datos de forma que poida aplicalos a un calendario do seu ordenador, dispositivo móbil...).

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego

...outros conxuntos de datos de Cultura e ocio

Achéganos a túa opinión