Rexistro de talleres de artesanía
Descarga de datos
ODS (70 kb)
Talleres artesáns do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
Descrición

Na Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, que regula e apoia a actividade artesanal na Comunidade autónoma, defínese, entre outras, a figura do taller artesán.

Esta cualificación corresponde a toda unidade económica na que se realicen actividades artesanais e que reúna estas condicións:

  • Que a actividade desenvolvida teña un carácter preferentemente manual, sen que perda este carácter polo emprego de utensilios e maquinaria auxiliar sempre que se orixine un produto individualizado.
  • Que como responsable da actividade figure un artesán ou un mestre artesán que a dirixa e participe nela.
  • Que a actividade que desenvolva figure rexistrada na sección de actividades artesás do Rexistro Xeral da Artesanía de Galicia.
  • Que o número de traballadoras/es non familiares empregados con carácter permanente non exceda de dez, excepto os/as aprendices alumnos/as

Tamén poderán gozar da consideración de taller artesán aquelas unidades de carácter cooperativo ou asociativo que se dediquen exclusivamente á comercialización de produtos artesáns, sempre que todos/as os/as seus integrantes sexan, á súa vez, profesionais de artesanía.

A fonte da información dispoñible neste arquivo de descarga é a sección de talleres artesáns do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. O .ods contén o nome comercial do taller, número de rexistro, tipo de actividade/s, dirección, código postal, provincia, código INE de concello, concello, localidade, páxina web e número de teléfono dos máis de 600 talleres artesáns inscritos no Rexistro.

Información xeral
Tamén che poderían interesar...

...outros conxuntos de datos de Economía, empresa e emprego

Achéganos a túa opinión